Miguel Grandío

Interesado en todo o relacionado co audiovisual e coa comunicación. Deses que chaman "frikis" polo gusto da parte máis técnica, mais tamén moi interesado no aspecto artístico e, especialmente, social. Adoito estar detrás da cámara, aínda que pouco me importa poñerme diante. Ademais encántame a música: rexístroa en fotos e vídeos e escribo sobre ela a miúdo. Ah, e tamén aporreo as cordas da miña guitarra de cando en vez :)

Colaboro en diversos proxectos e impulsei outros tantos. Encantado de dedicarme a algo no que nunca se deixa de aprender e de coñecer lugares e xente nova. Como dixo o outro, "o caso é non estar sen facer nada".

Que fago?

O Galiñeiro Escuro

A ilusión pola cultura é a nosa razón de ser e o esforzo e coidado o noso motor. Xuntos realizamos ducias de vídeos con miles de visitas en internet e mesmo acadamos varios premios e nominacións. Dunha destas voltas collimos tanta emoción que até fixemos un tema musical. Somos boa xente, abofé.

Detrás das cámaras

Opero cámaras coa mesma facilidade coa que un médico opera pacientes (ou máis). Dirixín un par de curtas, gravei concertos, conferencias, entregas de premios, un lipdub e algunhas reportaxes, ademais de ficción. Montei unha chea de vídeos, pero ningún cristo.

Diante das cámaras

Non hai vergoña. Paseo as barbas por diante das cámaras e tamén fixen algo de teatro (ou conto, como di a miña avoa). Moi orgulloso de ter tido xa papeis protagonistas en traballos que acadaron premios e nominacións. Tosar, prepárate.

Fotografía

Si, si... controlo de ISO. Tamén de velocidades de obturación e de diafragmas moi abertos, que é o que adoito precisar nos concertos. Teño unha mochila cunha cámara bastante grande e algúns accesorios; iso debería bastar para convencervos de que son un profesional.

Radio

Locutei en "Lugo, de Norte a Sur" durante unha tempada e tamén en "A Xanela", programa sobre a cultura galega para a investigación das emisoras en liña. Din que ás veces teño "gallitos", pero que se pode esperar de alguén que sae do Galiñeiro Escuro?

Compostimes

Coma os grandes xornalistas: cunha copa de wishky dobre con xeo nunha man e con música clásica de fondo. Así escribo de vez en cando para o Compostimes, a revista dixital que é mellor que non leas. Conseguín enganar a algún incrédulo de que era digno de falar de en internet.

Falemos

Son todo ollos na caixa de entrada do meu correo electrónico. E respondo máis rápido que un vaqueiro.