Logo Dinahosting

Sesións Destelo ❤ Dinahosting

Ola! Aínda que non o pareza, seguimos na sombra traballando nas Sesións Destelo. A fase de produción é pouco visible, pero é imprescindible: consiste en previr e resolver todos os pequenos detalles que son necesarios para que o proxecto marche… e un deles, moi importante, é a presenza en liña, para o que acabamos de conseguir un acordo de patrocinio coa Dinahosting. Pero, por que con eles? Sigue lendo 🙂
Read more “Sesións Destelo ❤ Dinahosting”

Como se fixo: #SDT06 – Flúe

Flúe foi a banda encargada de pechar a primeira tempada das sesións Destelo. Afincados en Santiago, levan un ano e medio tocando como Flúe, pero a experiencia musical vén de lonxe, xa que os seus membros estiveron noutras bandas como Invivo ou Tungsteno. A idea de participar nas Sesións veu da man de Piedra, dos Deseqilibrio Mental: comentoulles que había un proxecto de gravacións acústicas para grupos que tiñan letras en galego, así que se animaron a probar.

Read more “Como se fixo: #SDT06 – Flúe”

Como se fixo: #SDT05 – Contenedor de Mierda

Hoxe imos falar dun dos grupos co nome máis estraño de Galicia. De feito, e segundo a revista Pentavox, o gañador nesa categoría. Cousas do destino, deuse a casualidade de que eu estiven eu estiven alí cando se fundou… ou algo así. Lembro perfectamente que foi na Sala Malatesta, tempo antes de que se chamase así pero posterior aos xa pretéritos da Sala Nasa. Como o achegamento ao nome foi oral, non acababa de quedarme claro se ían ser Contenedor de Mierda ou Con Tenedor de Mierda, e a verdade é que esa bipolaridade me gañou para sempre. Lin nalgunha ocasión unhas declaracións do Carrabouxo nas que dicía que os xogos de palabras son “moi agradecidos”: aquí a proba empírica.

Read more “Como se fixo: #SDT05 – Contenedor de Mierda”

Como se fixo: #SDT04 – Deseqilibrio Mental

Hoxe imos falar de Deseqilibrio Mental. DESEQILIBRIO, con Q sin U. Son uns amigos da Casalonga que levan unha chea de anos facendo ruído dispostos a rachar cos Séculos Escuros e a defender o seu, que é tamén o noso. A súa irreverencia é exemplar, e os seus directos cheos de metal pesado e demoledor. Como somos especialiños, nas Sesións Destelo quixemos baixarlles o automático para ver de que eran capaces sen amplificadores e distorsión… e, oístes? Nin tan mal!!

Read more “Como se fixo: #SDT04 – Deseqilibrio Mental”

Presentamos as Sesións Destelos na Coruña!

  • O que? Un evento de presentación das Sesións Destelo! Contaremos en que consiste o proxecto, proxectaremos as sesións que hai gravadas (incluídas as inéditas 😉 ), Alberto Busto tocará uns temas e haberá pinchada popular de música en galego!
  • Cando? O venres 16 de xuño de 2017.
  • Onde? No bar La Maleta, en A Coruña (dirección no Google Maps)
  • Por canto? De balde! Pásate 🙂

Read more “Presentamos as Sesións Destelos na Coruña!”

Ruxe-Ruxe

Como se fixo: #SDT03 – Ruxe-Ruxe

Rock da terra, rock do país! Que orgullo contar nas Sesións Destelo cunha banda coma os Ruxe-Ruxe, con tanta estrada e tantos contos ás costas!! E é que levan máis de 20 anos xirando por todo o país e parte do estranxeiro. Son herdeiros do bravú, pero musicalmente xa non teñen tanto que ver co que facían naquel primeiro disco, Ruxe-Ruxe, de finais do século pasado. Evolucionaron, coma o mundo. Hoxe séntense cómodos soltando trallazos de rock e punk que ateigan os festivais e salas galega, así coma os reprodutores musicais de moita xente. Nós, hai uns meses, conseguimos convencelos para que deixasen de lado os amplificadores por un día 😉 . Read more “Como se fixo: #SDT03 – Ruxe-Ruxe”

Como se fixo: #SDT02 – Medomedá

Pois nada, que andaba eu hoxe todo ledo e cheo de emoción pola estrea do segundo vídeo de Medomedá, cando de súpeto leo no Facebook unha nova desas que che deixan o sorriso torto: os Medomedá volven para marchar! 🙁 Demo de rapaces! Póñennos os dentes longos co seu regreso para logo truncar a ilusión. Unha nova triste para a música en xeral e para o rock galego en particular. Pero bueno, polo menos avisan e ofrecen unhas datas onde poder despedilos. Con nós xa o fixeron, como sabedes, na segunda Sesión Destelo 😉

Read more “Como se fixo: #SDT02 – Medomedá”

Ferro a fondo co lume no lombo

Como se fixo: #SDT01 – Alberto Busto

En febreiro do presente ano deron comezo as Sesións Destelo. O proxecto víñase cocendo dende bastantes meses atrás, pero foi un sábado do mes de entroido cando tivo lugar o primeiro paso en firme. Para evitar tropezar, o mellor, tirar de amizades: Alberto Busto, que ademais dun gran músico, resulta que tamén é colega. É coñecido por dar tralla e berrar cos Arrhythmia, mais ás veces colga a guitarra acústica do pescozo e pon o traxe de cantautor… coas influencias bastante claras, iso si.

Read more “Como se fixo: #SDT01 – Alberto Busto”

Os 6W das Sesións Destelo

A quen proveña do mundo xornalístico non lle soará alleo o título desta publicación, mais para quen non saiba a que nos refirimos ao falar dos seis uves dobres das Sesións Destelos cómpre explicalo: os seis W (ou, máis ben, cinco W e un H) son as preguntas básicas que debemos responder para dar algo a coñecer de xeito completo. O nome provén das iniciais en inglés desas preguntas básicas, que serían What, How, When, Who, Where e Why. Está claro xa? Pois imos ao lío!

Read more “Os 6W das Sesións Destelo”