
Redes listas!
Moitos anuncios de empresas cuxo negocio é a presenza en liña doutras marcas rezan que hoxe en día “ou estás en internet, ou, rotundamente, non estás“. Algo de razón deben ter, posto que aínda que a poboación mundial con acceso a internet é menos da metade da poboación total, 3.400 millóns de persoas que si navegan pola rede non é unha cifra pequena. Destes últimos, o 67% son usuarios activos de redes, sendo a media de utilización das redes maior á hora e media de uso diaria nun país como España. Iso si, inclúense nese cómputo aplicacións de mensaxería instantánea como o WhatsApp, por exemplo.