Como se fixo: #SDT02 – Medomedá

Pois nada, que andaba eu hoxe todo ledo e cheo de emoción pola estrea do segundo vídeo de Medomedá, cando de súpeto leo no Facebook unha nova desas que che deixan o sorriso torto: os Medomedá volven para marchar! 🙁 Demo de rapaces! Póñennos os dentes longos co seu regreso para logo truncar a ilusión. Unha nova triste para a música en xeral e para o rock galego en particular. Pero bueno, polo menos avisan e ofrecen unhas datas onde poder despedilos. Con nós xa o fixeron, como sabedes, na segunda Sesión Destelo 😉

Empeorando pa mellor - Medomedá
O seu novo disco!

Medomedá é un dos primeiros grupos non-folk que coñecín que cantasen en galego, e ademais sen reivindicar nada… polo menos non de xeito explícito: a súa retranca e o todo o bo rollo que desprenden enseguida engaiolan a calquera. No seu día vinme negro para descargar as cancións do case paleolítico Myspace, mais os apenas 5 temiñas maqueteiros que tiñan alí queimáronse nos meus altofalantes. Cando editaron por fin aquel Mellorando pa peor non deixou de soar no coche: “OLA, QUE TAL? SON UNHA OLA!!“. Foi, sen lugar a dúbidas, a nosa canción do verán.

Cando os contactei para gravar a sesións fíxeno con certa cautela, xa que ao estaren de parón musical, non sabía se estarían interesados en participar. Arturo confirmoume, para a miña ledicia, que estaban encantados de facelo. E eu máis encando aínda porque son moi fan da súa música, pero sobre todo de cada un deles como persoa. Leváronnos ao Iago Manoel a máis a min á capela do Monte Carmelo, en Teo. Mais non a rezar: contáronnos que aquel é un lugar moi mítico para a xente de por alí, que se fai unha festaza quinindiola. Aquel día tampouco é que se vise moito ambiente, así que tras comprobar que non había nin curas nin monxas pululando por alí, decidimos poñerlle a nota musical.

Os Medomedá son uns tipos tan chulos que malia dicirlles que era un proxecto de temas en galego, trouxeron preparada a única canción que teñen en castelán. Manda carallo. Pero perdóaselles, como non se lles vai perdoar? “Bícame coa lingua” é un temazo tremendo na súa versión eléctrica e non o foi menos na adaptación acústica. Tres ou catro veces nos tocaron esta crítica homenaxe á nosa lingua ata que estivemos listos. Transcribo a letra, porque me parece maxistral:

El otro día vino un chico a pedir trabajo en gallego
Y yo le dije: “pero bueno, ya nos vemos, hasta luego”
Que yo no entiendo de qué van estos nacionalistas
que se piensan que Galicia es una provincia de Portugal

Que yo no digo que no haya gallego
yo lo que digo es que lo haya lejos,
en las afueras, en las aldeas,
para que hablen con las vacas o que hagan lo que quieran.

Tengo un poquito de enfado porque el niño suspendió el gallego.
¿Y para qué le va a valer si lo único que tiene que saber es el inglés?

Y venga, apúrate el café,
que nos tenemos que coger un Ryanair
para irnos de compras a Serrano.

Y vete practicando,
que se te nota tanto ese acento rudo y feo del gallego
Que luego saben de onde somos, de dónde son los rumorosos.

Fun buscar traballo e non me quixeron porque
non lle debeu de valer a forma coma falei.
Se non é aquí, a ver onde o vou poder facer,
a única forma que tes de calarme é bicándome.

Bícame, investiga, déixate de tonterías
Intercámbiame a saliva, bícame… coa lingua!

Ímolos botar moito de menos, pero aínda quedan catro boas ocasións para gozar deles. Sempre Medomedá!!

Miguel Grandío
Audiovisual e comunicación. Cun importante gusto pola técnica, pero especialmente polo aspecto social, cultural e educativo do meu traballo. Encántame a música: rexístroa en fotos e vídeos e escribo sobre ela a miúdo. Saber máis.

Deixar unha resposta